Ir o contido principal
STG

A Facultade de Formación do Profesorado presenta unha conferencia sobre a relación pedagóxica na Educación Física

O relatorio corre a cargo do médico e catedrático belga Maurice Piéron, un dos principais expertos mundiais en didáctica e investigación sobre deporte escolar

A Facultade de Formación do Profesorado de Lugo organiza o xoves 3, ás 12.00 horas, unha conferencia sobre a relación pedagóxica nas clases de educación física. O encargado de impartila é o médico e catedrático belga Maurice Piéron, un dos maiores expertos mundiais sobre didáctica e investigación no ámbito do deporte escolar. O relatorio de Piéron estará centrado en cuestións como a motivación para a actividade física, os factores determinantes na inactividade físico-deportiva nos mozos e mozas, a calidade de vida derivada da práctica deportiva e a atención especial ao alumnado con obesidade nas clases de educación física. Maurice Piéron, doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa, ten varias das súas obras traducidas ao castelán, entre elas La relación educativa en la enseñanza de las actividades físicas (Instituto Municipal de Deportes de Bilbao, 1984), Pedagogía de la actividad física y el deporte (Universidad Internacional Deportiva de Andalucía, 1988) e Para una enseñanza eficaz de las actividades físico-deportivas (INDE, 2005).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2012.