Ir o contido principal
STG

A Facultade de Humanidades apúntase ao cine en versión orixinal e acubillará esta semana a proxección de dous filmes

O ciclo de cinema negro francés ofrece este martes, ás 19.30 horas, ‘Le Samourai’ no salón de actos do centro, onde o xoves 10 se proxectará ‘Terra para Rose’

A Facultade de Humanidades do campus de Lugo acubillará este semana a proxección de dous filmes en versión orixinal e con subtítulos en español, que poderán visualizarse de xeito totalmente gratuíto este martes 8 e o xoves, día 10 de abril, no salón de actos do devandito centro universitario lugués.

A primeira das proxeccións programadas, ‘Le Samourai’, unha produción cinematográfica dirixida en 1974 polo francés Jean Pierre Melville, e que ten como protagonista a Alain Delon, desenvolverase este martes, a partir das 19.30 horas. Este filme, o segundo dos que figuran no cartel da nova edición do ciclo de cinema negro en francés, promovido e organizado polo Centro de Linguas Modernas da USC, poderá visualizarse en francés con subtítulos en castelán. A actividade cinematográfica volverá de novo o xoves, día 10 de abril, ao salón de actos da Facultade de Humanidades con ‘Terra para Rose’, un filme dirixido por Tetê Moraes en 1987 e que explica os comezos do Movemento dos Sem-Terra no Río Grande do Sur, en Brasil. A proxección deste filme, que sirve de peche do I Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia, unha iniciativa organizada pola colectivo de innovación docente do campus de Lugo Ruralia, comezará ás 20.00 horas. A entrada é de balde para todas as persoas interesadas e, desta volta, o filme proxectarase na súa versión orixinal en portugués, con subtítulos en español.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2014.