A Facultade de Humanidades celebra este martes o acto conmemorativo da festividade do seu patrón, San Isidoro
A Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC celebrará este martes, a partir das 12.00 horas, no salón de actos do centro, a cerimonia académica da festividade de San Isidoro, patrón das Humanidades.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, será o encargado de presidir esta sesión, na que tamén intervirán como relatoras a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, e a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez. O acto académico da festividade de San Isidoro servirá tamén para proceder á entrega de insignias aos ex vicerreitores do campus de Lugo Carlos Herrero Latorre e Pedro García Herradón. O acto de benvida de Felipe Arias como novo profesor ad honorem da Facultade de Humanidades e a entrega dos premios extraordinarios aos estudantes graduados/as no curso 2014-15 co mellor expediente académico, servirán de colofón a esta cerimonia académica.