A Facultade de Humanidades de Lugo celebra o venres o acto de licenciatura
A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo celebra este venres 30 o acto de licenciatura das promocións de Filoloxía Hispánica e de Humanidades 2003-2008, que terá lugar ás 20:00 horas no salón de Actos do centro educativo.
No acto participarán 30 alumnos, que recibirán o seu titulo baixo o apadriñamento de María Jesús Vázquez Lobeiras, para os de Humanidades, e de María del Mar Campos Souto, para os de Filoloxía, as dúas profesoras do centro.
A sesión estará presidida pola vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académicas, Begoña Barreiro; á que acompañarán a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o decano do centro, Alexandre Veiga, e un representante da Deputación Provincial.