Ir o contido principal
STG

A Facultade de Humanidades de Lugo organiza unha charla sobre os criterios de selección nun festival cinematográfico

O relatorio estará impartido por Manuel Curiel, director da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

O director da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, imparte o martes 24 unha conferencia na Facultade de Humanidades do campus lucense, dentro do ciclo de actividades docentes organizado polo centro para o curso 2012, e que coordina a profesora JoDee Anderson. A charla desenvolverase no Salón de Graos da Facultade a partir das 19.00 horas. Baixo o título ‘A cuestión do canon fílmico e a educación do gusto do espectador. Pautas de selección nun festival cinematográfico’, Curiel achegará aos participantes os criterios que se adoita empregar para elixir as películas que forman parte dun certame cinematográfico como o que el dirixe, ademais de falar da súa experiencia de máis de trinta anos á fronte do festival lucense.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2012.