Ir o contido principal
STG

A Facultade de Matemáticas colabora na convocatoria do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Diríxese estudantes de ESO, Bacharelato e ciclo formativos de Grao Medio de Galicia

A Facultade de Matemáticas colabora coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) na convocatoria do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e ciclo formativos de Grao Medio de Galicia. A participación no concurso poderá realizarse de xeito individual ou en grupo, ata un máximo de cinco estudantes, debendo contar cun docente-titor do seu centro de orixe que supervise o traballo presentado. A inscrición de traballos xa se pode realizar ata o próximo 31 de marzo, mentres que o período para a súa entrega estenderase do 15 de maio ao 17 de xuño. Toda a información relativa á convocatoria pode consultarse na páxina web do concurso (http://www.sgapeio.es/).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2011.