Ir o contido principal
STG

A Facultade de Psicoloxía celebrou a festividade do seu patrón

Psicoloxía celebrou este venres a festividade do seu patrón
Psicoloxía celebrou este venres a festividade do seu patrón

A Facultade de Psicoloxía celebrou este venres a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan nun acto presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, a quen acompañaron o equipo decanal da Facultade e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada.
Seguido por numerosos universitarios do centro, a profesora de Psicobioloxía da Universidade de Barcelona María Ángels Jurado Luque ofreceu a conferencia ‘Neuropsicoloxía: un recorrido pola conduta humana e a función cerebral’, que foi seguida da entrega de diplomas conmemorativos ás tituladas e titulados do curso 2007-08, así como ás persoas recoñecidas cos Premios Extraordinarios de Licenciatura (2007-08) e Doutoramento (2006-07).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2009.