As Facultades de Ciencias celebraron a festividade do seu patrón San Alberte Magno

As facultades de Matemáticas, Bioloxía, Ciencias, Física e Química celebraron este luns 15 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nun acto conxunto que tivo lugar na Facultade de Bioloxía baixo a presidencia do reitor compostelán Juan Casares. Á cerimonia asistiron ademais o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; e as decanas e decanos das Facultades de Física, Química, Bioloxía, Matemáticas e Ciencias, os profesores Luis Miguel Varela Cabo, Ramón Estévez Cabanas, Mª Luz González Caamaño, Mª Victoria Otero Espinar e Francisco Fraga López, respectivamente. O profesor Marcos González, do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física, foi o encargado de pronunciar a conferencia da xornada na que disertou sobre ‘Biodiversidade e Extinción. Notas para unha historia natural’. En representación dos centros que conmemoran a festividade de San Alberte interveu a decana da Facultade de Bioloxía.