Ir o contido principal
STG

Farmacia celebra este sábado os actos da súa patroa

A Facultade de Farmacia celebra este sábado 17 un acto académico en honra á súa patroa, a Inmaculada Concepción. O reitor Juan Casares será quen o presida ás 12.00 horas no salón de graos da facultade nunha mesa na que tamén participan a decana do centro, Isabel Sández Macho; a vicedecana de Organización, Coordinación Docente e Alumnos, Mª Paz García Martínez; e o vicedecano de Relacións Exteriores e Calidade Docente, José Ángel Fontenla Gil. O secretario do centro, Perfecto Paseiro Losada, comezará dando lectura á memoria académica correspondente ao curso pasado para dar logo paso á entrega da medalla Pro Meritis aos docentes xubilados do pasado ano Isabel Bernárdez Hermida, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Mª del Carmen López Santamaría e Enrique Raviña Rubira, que intervirá en nome dos catro. No mesmo acto entregaranse os diplomas aos doutores e doutoras do pasado curso e ás persoas titoras de prácticas preprofesionais nos centros dependentes da Consellaría de Sanidade e do SERGAS. A xornada complétase coa conferencia ‘As boticas na literatura de Cunqueiro’ a cargo do catedrático Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2011.