Farmacia clausura este mércores os actos conmemorativos do 150 aniversario da súa creación
A Facultade de Farmacia da USC celebrará este mércores 5 a festividade da súa patroa, a Inmacula Concepción, nunha sesión presidida pola vicerreitor de Investigación e Innovación, María José Alonso, na que tamén se vai desenvolver á clausura dos actos conmemorativos do 150 aniversario de creación deste centro compostelán.
O programa da xornada comezará ás 10:00 horas cunha misa na Capela do Campus, para deseguido ás 10:30 horas proceder ao acto académico que vai ter lugar no Salón de Graos da Facultade de Farmacia. Nel, entregaranse as medallas de prata do centro a aqueles profesores que este curso cumpriron 25 anos de docencia na Facultade e entre os que se atopan Mª Teresa Barral Silva, José Blanco Méndez, José L. Gómez Amoza, Manuel Lamela González, Ángeles Muños Crego, Teresa Santamarina Fernández e Arturo Suárez Varela.
O acto proseguirá coa entrega de diplomas aos doutores do curso 2006-2007 María Alonso Sande, Felipe Álvarez Manceñido, María de la Fuente Freire, Grace Ivonne Tier, Ana Moutinho Grenha, Francisco J. Prado Prado, Ana I. Rodríguez Pérez, Mª Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez.
Logo do acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso 2006-2007 a Santiago Víctor Varela e Hipólito Gómez Couso, intervirá o decano da Facultade José Miñones Trillo que dará paso a unha homenaxe á profesora Vila Jato con motivo da súa xubilación.
Clausura do 150 aniversarioA clausura oficial dos actos conmemorativos do 150 aniversario da Facultade de Farmacia celebrarase nunha sesión que dará comezo ás 12:00 horas coa participación do reitor Senén Barro e do vicerreitor de Cultura, Elias Torres. Nela, o investigador Manuel E. Patarroyo ofrecerá a conferencia titulada ‘Desenvolvemento de novas vacinas sintéticas’.
Patarroyo é o autor da primeira vacina sintética creada no mundo para a prevención da malaria e recoñecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS), organismo ao que cedeu a patente. A vacina probouse con éxito en máis de 40.000 persoas en áreas que sofren esta enfermidade como epidemia (Colombia, Venezuela, Ecuador, Brasil e, máis recentemente, en diversos países africanos).