Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Farmacia honra a súa patroa

A Facultade de Farmacia celebrará este sábado 14 a festividade da súa patroa, a Inmaculada, cunha sesión protocolaria que comezará ás 12.30 horas no Salón de Graos deste centro presidida polo reitor Juan Casares. O secretario da Facultade abrirá a quenda de intervencións para presentar a memoria académica do pasado curso 2012-2013 e dar paso así á entrega da medalla conmemorativa dos 25 de docencia na Facultade á profesora María Luz Durán Carril e da insignia de ouro do mesmo centro aos docentes xubilados o pasado curso. Deseguido, o profesor Sergio Casas pronunciará a conferencia ‘Saturnismo: o novo mito de Sísifo’. A sesión proseguirá coa entrega de diplomas aos doutores do curso 2012-2013 e aos titores de prácticas preprofesionais nos centros dependentes da Consellaría de Sanidade. Finalmente tomarán a palabra a decana Isabel Sández Macho e o reitor Juan Casares, que pechará o acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2013.