Ir o contido principal
STG

Farmacia súmase ao Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos

A Facultade de Farmacia súmase ao Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos facendo un chamamento para a utilización razoable destes medicamentos e alertando da necesidade de concienciar á sociedade sobre a mala utilización dos antibióticos polo seu impacto na saúde das persoas.

Con este motivo, o centro incorpora na súa web dous vídeos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que dan conta desta problemática de gran relevancia social, xa que os datos más recentes confirman que o número de pacientes infectados por bacterias resistentes crece en toda a Unión Europea e que a resistencia a antibióticos é unha seria ameaza para a saúde pública.

O Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos é unha iniciativa europea de saúde pública anual que se celebra o 18 de novembro. O seu obxectivo é sensibilizar sobre a ameaza que a resistencia aos antibióticos supón para a saúde pública e fomentar o seu uso prudente. Usar con prudencia estes medicamentos pode axudar a deter o desenvolvemento de bacterias resistentes e conseguir que os antibióticos manteñan a súa eficacia para as xeracións futuras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2016.