Ir o contido principal
STG

A fase autonómica galega da Olimpíada Matemática Española xa ten gañadores

Carlos García Ling, de 1º de Bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; Óscar Rivero Salgado, de 2º de Bacharelato do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia; e Gonzalo Cao Labora, de 3º de ESO do IES Eusebio da Guarda da Coruña, conseguiron os tres primeiros premios da Fase Autonómica da XLVIII Olimpíada Matemática Española disputada recentemente na Facultade de Matemáticas da USC. Tanto Carlos García como Óscar Rivero repiten experiencia xa que ambos teñen gañado a olimpíada en anteriores edicións. Os segundos premios foron para Diego Abel García e Marta Pital Vidal, de 2º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro de Santiago, e para José Enrique Domíngue Vidal, 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Finalmente, os terceiros premios recaeron en Breixo Xesús Álvarez Domínguez, de 2º de Bacharelato do IES Val Miñor de Nigrán; Elia Fernández Blanco, de 2º Bacharelato do IES Chapela de Chapela – Redondela; e Mauro Paradela del Río, de 1º de Bacharelato do Colexio Maristas Santa María de Ourense. Os tres primeiros representarán a Galicia na Fase Nacional da Olimpíada Matemática Española, que se celebrará en Santander do 22 ao 25 de marzo, e da que sairá o equipo que representará a España nas competicións internacionais. Concretamente, Óscar Rivero xa formou parte do equipo español en 2010 e en 2011, obtendo unha medalla de prata e unha de bronce. As probas desenvolvéronse en dúas sesións, tendo que resolver en cada unha de elas tres problemas nun tempo máximo de tres horas e media. Para a edición deste ano inscribíronse un total de 99 participantes, 26 rapazas e 72 rapaces. Máis información en http://www.usc.es/olympia

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.12.2011.