Ir o contido principal
STG

A fase autonómica da Olimpíada Matemática Española, este venres na USC

A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago acolle este venres 16 a fase autonómica da 51ª Olimpíada Matemática Española na que se seleccionarán tres estudantes de bacharelato que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 19 ao 23 de marzo en Badaxoz. A Olimpíada comezará cun acto de benvida ás 10.00 horas por parte da decana da Facultade, Victoria Otero Espinar, para continuar coa primeira sesión das probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas con outras tres horas e media para outros tantos exercicios. Para esta edición a Olimpíada Matemática Galega conta con patrocinio de GADIS e mais de EDISA Centro de Innovación cuxo presidente, Alfonso Amorín, foi profesor do Departamento de Álxebra da Facultade de Matemáticas, coa que continúa colaborando.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2015.