Ir o contido principal
STG

Felipe Arias inaugurou en Humanidades o segundo trimestre do Master en Servizos Culturais

Felipe Arias inaugurou en Humanidades o segundo trimestre do Master en Servizos Culturais
Felipe Arias inaugurou en Humanidades o segundo trimestre do Master en Servizos Culturais

Cunha conferencia titulada "Arqueoloxía galega: investigación e patrimonio', o arqueólogo Felipe Arias Vilas inaugurou a actividade docente do segundo trimestre do Máster en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades. Na súa conferencia o que foi director xeral de Patrimonio da Xunta e hoxe é responsable do Museo do Castro de Viladonga explicou cronoloxicamente, desde a Prehistoria á época romana con referencias á arqueoloxía medieval e industrial, como pode comprenderse a organización do territorio coa dispersión selectiva dos sucesivos asentamentos humanos, que deixan unha existencia física e unha presenza inmateriais. Sostivo tamén que a conservación e posta en valor dese patrimonio (megalitismo, arte rupestre, cultura castrexa, mundo galaico-romano) é un factor fundamental para a difusión do seu coñecemento e para entender, ademais do seu uso cultural ou turístico, a paisaxe e a memoria e, por tanto, a propia sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2011.