Ir o contido principal
STG

O filme 'Persoa' de Ingar Bergman proxéctase no ciclo de cine existencialista en Maxisterio de Lugo

O filme ‘Persoa’ de Ingar Bergman proxéctase este xoves, día 7, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo con motivo do ciclo sobre cine existencialista que organiza a asociación universitaria ‘Evohé’.
A película, na que se formula un conflito entre a identidade, as relacións persoais e a creatividade, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Actos do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2007.