Ir o contido principal
STG

Filoloxía conmemora a festividade do seu patrón e o 25 aniversario do actual edificio no Burgo

A mesa redonda ’25 anos despois’ reunirá este mércores ás decanas e decanos da Facultade de Filoloxía entre 1990 e 2017, coincidindo coa conmemoración do 25 aniversario do traslado desta Facultade dende Mazarelos ata o actual edificio do Burgo. A partir das 17.30 no Salón de Actos, esta é unha actividade coa que a Facultade celebra ademais a festividade do seu patrón, San Isidoro de Sevilla.

Moderados pola actual decana María José López Couso, na mesa intervirán Isabel González Fernández (1990-1992), Emilio Montero Cartelle (1993-2000), Mercedes Brea López (2000-2004) e Ernesto González Seoane (2004-2012). A sesión continuará co recoñecemento do centro ao alumnado que recibiu o premio extraordinario fin de grao e fin de máster no curso pasado 2015-2016. Os premiados son Miguel Giadás Quintela, Erea Blanco Balvís, Iria Isabel Pin Moros, Laura Arribas González, Paula Cousillas Pena, Sara Pajón Soto, Raquel Rivas Cabanelas e Paula Cadaveira López. A sesión rematará coa actuación musical de Alba María, alumna do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2017.