Ir o contido principal
STG

Filosofía acubilla unha mostra sobre os 'Cincuenta anos de Manos Unidas'

A Facultade de Filosofía acolle ata o 30 de novembro unha mostra que conmemora o cincuenta aniversario do traballo de Manos Unidas nos países economicamente máis empobrecidos.
O visitantes da exposición atoparase ante 25 paneis que trazan un percorrido polas principais privacións que afectan os diferentes continentes nos que Manos Unidas apoia proxectos dende 1960, fundamentalmente en países de África, América e Asia. Neste senso, o labor desta organización “reflicte o intento de milleiros de persoas de paliar as graves penurias ás que deben enfrontarse diariamente millóns de seres humanos”.
Cada unha das imaxes expostas ilustra algunha das carencias máis representativas que se dan en sectores como a educación, a formación profesional, a sanidade, o medio ambiente, a igualdade entre homes e mulleres ou os dereitos humanos. “Trátase de datos, ás veces demoledores”, sinalan os promotores da mostra “que nunca deberían caer no esquecemento”.
Coa vontade de ofrecer un contrapunto, a exposición “quere ser tamén unha expresión de esperanza, dos froitos dun esforzo materializado en distintos proxectos de desenvolvemento apoiados por Manos Unidas”. Neste senso, os protagonistas de cada imaxe son un exemplo “dalgún pequeno ou gran logro, conseguido co traballo diario; dalgunha necesidade cuberta ou dun camiño que se emprende”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2009.