Fondo pesar na Universidade polo falecemento da compañeira Rosa Bassave
A Universidade de Santiago de Compostela quere unirse á profunda dor de familia e amizades polo falecemento da compañeira Rosa Bassave Roibal, vencellada á USC dende hai moitos anos. Rosa Bassave comezou no ano 1983 na área de administración e incorporouse á Biblioteca en 1987. Como directora da biblioteca da Facultade de Matemáticas deixou unha forte pegada polo seu compromiso e implicación. Quen o desexe pode asistir este mércores 12 a un acto, previo á incineración, ás 11.30 horas no cemiterio de Boisaca.