Ir o contido principal
STG

Fondo pesar na Universidade polo falecemento da profesora Ana María Domínguez Ferro

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo falecemento este mércores da profesora titular de Filoloxía Italiana Ana María Domínguez Ferro e únese á dor da súa familia e amizades.

Domínguez Ferro impartía docencia na Facultade de Filoloxía, centro no que exerceu como secretaria do seu Departamento de Filoloxía Francesa e Italiana en dous mandatos. Como investigadora contaba cunha importante traxectoria, avalada por numerosas publicacións científicas, nos campos da literatura italiana medieval, os códices humanistas italianos, a literatura de viaxes e a lexicografía italiano-galega.

Este xoves 12 ás 18.00 horas terá lugar o funeral na Igrexa compostelá de San Fernando.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.01.2017.