Ir o contido principal
STG

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Manuel Jordán Rodríguez

Finado este xoves, era membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) dende a súa constitución en 2004
Santiago de Compostela

A USC manifesta o seu fondo pesar polo pasamento do profesor do departamento de Economía Aplicada, Manuel Jordán Rodríguez, e súmase á dor da súa familia e amizades. Finado este xoves, era membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) dende a súa constitución en 2004.

Foi coordinador de Edición dos ‘Documentos de Traballo. Economía Aplicada’ do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), entre 1997 e 2006; así como integrante do Consello Científico deste centro. Participou en numerosos traballos científicos sobre cooperativismo en Galicia, destacando pola súa importancia o Libro Branco do Cooperativismo Galego, do que foi coordinador científico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2021.