Ir o contido principal
STG

O grupo de Neurociencia profunda na fisioloxía da toma de decisións

Como sabe o cerebro as consecuencias das nosas decisións?. O grupo de investigación de Neurociencia da USC na procura de respostas a esta incógnita descubriu que existe unha zona do cerebro, a denominada corteza premotora, implicada neste eido. Para axustar as decisións ás necesidades do ambiente, o ser humano necesita supervisar os seus actos e saber si as respostas realizadas foron correctas. Isto lógrase a través da introspección, a memoria e a toma de decisións, funcións que dependen da corteza premotora.
As neuronas desta parte do cerebro “realizan todas a operacións necesarias que permiten ás persoas tomar decisións, avaliar o seu resultado e, polo tanto, cambiar os criterios que levan a tomalas para axustar a conduta”, apuntan os integrantes do grupo, que conforman o catedrático Carlos Acuña, José L. Pardo-Vázquez e Víctor Leborán.
O descubrimento destes mecanismos neuronais e a súa localización son de “grande importancia”, indican os investigadores, xa que “estas funcións están alteradas en moitos trastornos de conduta polo que poden ser dianas terapéuticas para estas enfermidades”, engaden os autores do traballo.
Publicación en PNASOs achados desta liña de investigación acaba de publicalos a revista Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America (PNAS) no artigo titulado “A role for the ventral promotor cortex beyond performance monitoring”.
Esta é unha das tres publicacións multidisciplinares máis importantes do mundo, cun Eigenfactor de 1,7 (indicación de que a capacidade de influencia dos artigos publicados supera a media), así como unha das revistas científicas máis citada xa que o seu factor de imparto é de 9,38 (o que indica que os artigos publicados fai un ano en PNAS se citan unhas 9,38 veces por riba da media). Ademais, a páxina web desta publicación é unha das máis visitadas con 11,6 millóns de visitas ao mes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2009.