Ir o contido principal
STG

O Grupo de Teatro do Campus inaugura a V Mostra Teatral Cidade de Lugo

O Grupo de Teatro do Campus de Lugo actuará este venres, día 20, na Mostra de Teatro Cidade de Lugo que chega este ano a súa quinta edición e que se celebrará entre os días 20 e 24 de abril.
A compañía da universidade, dirixida por Paloma Lugilde, interpretará ‘O Público’ de Federico García Lorca peza que estreara no pasado Festival Internacional de Teatro Universitario organizado pola USC. Será ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire e cun aforo limitado a 100 persoas pola complexidade da súa posta en escena.
Pola súa banda a Compañía de Títeres do Campus de Lugo actuará o domingo, día 22, ás 16:00 horas no Círculo das Artes, coa peza ‘Pirula no Vertedorio’.
Ademais dos dous grupos da USC, outros cinco grupos de afeccionados completan o cartel da mostra. Achádego, Nostrum-cai, Nova Escena, Pinchacarneiro e Hipócrita actuarán os días 21, 22, 23 e 24 de abril no Auditorio Gustavo Freire, poñendo en escena pezas de autores como Alan Ball, Nicolás Bela ou Fernando Arrabal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.04.2007.