Ir o contido principal
STG

O Grupo de Teatro do Campus de Lugo actuará no VIII Festival de Teatro Académico de Lisboa

O Grupo de Teatro do Campus de Lugo actuará este domingo, día 13, no VIII Festival Anual de Teatro Académico (FATAL) que se celebra en Lisboa do 10 ao 27 de maio. A compañía da USC interpretará a obra ‘O Público’ de Federico García Lorca, peza coa que acadou a mención especial do xurado na pasada Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU). Esta é a segunda ocasión na que o grupo visita este festival, posto que xa acudiron o ano pasado cando interpretaron ‘Km 526’, obra baseada nun texto de Claudio Rodríguez Fer.
O Festival FATAL reúne no seu programa, ademais da compañía da USC, a grupos doutras universidades portuguesas e francesas, entre as que se atopan a Universidade do Porto, a de Coimbra, a de Beira Interior, a anfitrioa de Lisboa ou a Universidade París X.
Ademais das 16 actuacións universitarias, a organización do festival ten previstas outras actividades para eses días como exposicións fotográficas, coloquios, espectáculos na rúa e talleres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2007.