Ir o contido principal
STG

O Idega analiza cun ciclo en Lugo a historia, gandería e agricultura de Galicia

O Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia organiza un ciclo de relatorios en Lugo onde se analizarán dende diferentes visións a historia, a agricultura e a gandería de Galicia.
A primeira das conferencias terá lugar este xoves, día 15, ás 19:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e contará coa intervención da investigadora Parga Pondal, Ana Suárez, quen falará sobre ‘O desenvolvemento territorial nunha cidade con 2.000 anos de historia: Lucus Augusti’.
O ciclo continuará nos vindeiros días 26 de abril, 10 de maio e 14 de xuño coas intervencións do profesor de Historia Antonio Bernárdez Sobreira sobre ‘O papel da gandería no desenvolvemento económico’, coa do investigador Francisco Ónega sobre a xestión das terras en Galicia, para rematar co tamén investigador Anxo Miramontes quen falará sobre o desequilibrio forestal e a industria transformadora da madeira en Galicia. Todas estas intervencións celebraranse ás 19:00 horas na Escola Politécnica Superior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2007.