Ir o contido principal
STG

O II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia ofrece este martes 7 en Humanidades ‘As cornas de Arbo’ e ‘A cana de medir a auga’

As proxeccións cinematográficas desenvolveranse a partir das 19.30 horas no salón de actos da Facultade de Humanidades. A entrada é libre e de balde

A segunda edición do Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia, unha actividade promovida e organizada polo colectivo universitario Ruralia, en colaboración coa Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC e a Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, continuará este martes, día 7 de abril, coa proxección de das producións cinematográficas ‘As cornas de Arbo’, e ‘A cana de medir a auga’.

Os dous filmes costumistas e etnográficos dirixidos por Fabienne Wateau, nos que se reflicten algúns dos cambios experimentados no territorio de Galicia, proxectaranse, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado, que poderá visualizar estas películas en versión orixinal (galego portugués) con subtítulos en francés. O II Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia chegará ao seu remate o vindeiro martes 21 de abril coa proxección do audiovisual ‘A mesma terra’, unha produción dirixida por Jorge Coira e Iago Mazoy, na que ambos cineastas afondan nas particularidades da distribución e organización do territorio en Galicia. Do mesmo xeito que os filmes anteriores, a proxección desta obra de Coira e Mazoy tamén se desenvolverá no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo a partir das 19.30 horas. A entrada tamén será libre e de balde para todas as persoas interesadas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2015.