Ir o contido principal
STG

O II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC preséntase a responsables de centros de Santiago e Lugo

Terá vixencia entre 2014 e 2018

O II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC para o período 2014-2018 comezará de inmediato a súa vixencia, logo de que o primeiro plan executado pola institución docente teña incorporado a transversalidade de xénero na acción diaria da USC, contribuíndo á visibilización do sexismo, a sensibilización e a creación dun estado de opinión consciente das desigualdade de xénero. A vicerreitora de Calidade e Responsabilidade Social, Benita Silva, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo, presentarán este xoves 23 a responsables de centros dos Campus de Santiago e Lugo as particularidades deste II Plan de igualdade de oportunidades. A xuntanza comezará ás 12.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago. Entre as principais novidades do II Plan atópanse a proposta para a creación de comisións de xénero nos centros, a creación dunha área específica para a formación, docencia e investigación ou a elaboración e implementación dun protocolo de acoso sexual no ámbito universitario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.01.2014.