Inauguración do Curso de Primavera, dedicado nesta edición aos dereitos humanos
O luns 4 de maio bota a andar na Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo a quinta edición do Curso de Primavera, que leva por título ‘Os dereitos humanos, unha ollada múltiple’ e que celebrará o seu acto de inauguración, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do centro.
Este curso, que desde o 5 ata o 8 de maio se desenvolverá na Facultade de Humanidades, está organizado polo Convenio Lugo Cultural. Tras o acto inaugural, o catedrático Xesús Alonso Montero ofrecerá a conferencia ‘O problema dos dereitos humanos en dez cartas de republicanos galegos condenados a morte’.