Ir o contido principal
STG

Inauguración do Curso de Primavera na Facultade de Humanidades

O Curso de Primavera que organiza Lugo Cultural na Facultade de Humanidades do campus de lugués será inaugurado o vindeiro luns, día 16, ás 12:00 horas no Salón de Actos deste centro. Á presentación acudirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elias J. Torres Feijó; o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga; e os representantes de Lugo Cultural, a concelleira do Concello de Lugo Concepción Burgo; a deputada provincial María José Vázquez Lorenzo; o presidente da Fundación Caixa Galicia- Claudio San Martín, Mauro Varela Pérez; e o delegado provincial da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Xoán Xosé Molina Vázquez.
O Curso de Primavera analizará entre os vindeiros días 16 e 20 de abril a relación das Ciencias Humanas con diferentes disciplinas. Este curso, que se celebra por terceiro ano consecutivo, pretende invitar á reflexión sobre a tradición, o estado presente e as perspectivas de futuro dos estudos humanísticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2007.