Ir o contido principal
STG

Inauguración da exposición fotográfica 'A Escola de Traballo Social: 50 anos en imaxes'

A mostra enmárcase no programa de celebración do 50 Aniversario da Escola

Enmarcada nos actos de celebración do 50 aniversario da Escola de Traballo Social de Santiago, na tarde deste luns 19, ás 19:00 horas na Sede da Escola en San Martiño Pinario (Praza da Inmaculada, 5), inaugúrase a exposición fotográfica ‘A Escola de Traballo Social: 50 anos en imaxes’.
O acto de apertura contará coa asistencia do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; o presidente da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais, Vicente Arias Mosquera; e a directora da Escola Universitaria de Traballo Social, Teresa Facal Fondo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.11.2007.