Ir o contido principal
STG

Inauguración das xornadas de enfermaría ‘Formar e aprender para coidar’ no Hospital Universitario Lucus Augusti

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, inaugurará este mércores 29 de abril, a partir das 9.30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, a vixésima edición das xornadas de enfermaría organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo e que nesta ocasión se desenvolverán baixo o título ‘Formar e aprender para coidar’. O director xerente do HULA, Antonio García Quintáns; a directora de Procesos de Enfermaría, EOXI Lugo, Cervo e Monforte, María Jesús Pérez Taboada; a presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lurdes Bermello López, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo, Asunción Núñez Magdalena, tamén intervirán na sesión de apertura desta xornada monográfica sobre enfermaría, un foro estruturado en distintos relatorios e mesas redondas no que se prevé a participación de máis de 350 asistentes, entre alumnos, docentes e profesionais do eido da enfermaría.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2015.