Ir o contido principal
STG

Inaugúrase o luns en Lugo o Curso de Especialización en Urxencias, Emerxencias e Catástrofes

O Curso de Especialización da USC en Urxencias Emerxencias e Catástrofes inaugurarase este luns 26 a partir das 17:00 horas no Salón de Graos da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo. No acto intervirá, entre outros, o director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Francisco Vilanova Fraga.
Deseñado como un curso teórico-práctico para enfermeiros, pretende garantir que os participantes adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para recoñecer as diferentes situacións clínicas, dándolles prioridade segundo a súa gravidade. Deste xeito mellorarase a asistencia integral do paciente nos servizos de urxencias, potenciando o traballo en equipo e incorporando elementos de humanización da enfermaría.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2009.