Inaugúrase este luns a terceira edición do Máster Oficial Interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia
Asisten ao acto os coordinadores das seis Universidades que o imparten
A terceira edición do Máster Oficial Interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia inaugurarase este luns, día 28, ás 9:00 horas na Facultade de Filosofía da USC.
Ao acto asistirán o decano do centro, Luis García Soto; o director do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral, José Miguel Sagüillo Fernández-Vega; e os coordinadores do Máster Concepción Martínez Vidal, María Manzano, Enrique Alonso, Alfredo Marcos, Amparo Gómez e Wenceslao J. González, representando ás Universidades de Santiago, Salamanca, Autónoma de Madrid, Valladolid, La Laguna e A Coruña, respectivamente