Ir o contido principal
STG

O Instituto da Lingua Galega presenta dous novos volumes da colección Biblioteca Filolóxica Galega

A Facultade de Filoloxía acollerá este martes 21 a presentación de dous novos volumes da colección Biblioteca Filolóxica Galega editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG). A presentación celebrarase a partir das 13:00 hora no Salón de Graos do centro coa presenza do catedrático de Filoloxía Románica e director da Colección, Antón Santamarina; o director xeral da Fundación, Javier López Martínez; e os autores dos volumes, Pablo Sánchez Vidal e Xosé Afinso Pérez. As dúas obras presentadas son Para un estudo xeolingüístico dos campos lexicais. Análise de designacións galegas do ámbito da gandaría e O debate normativa da lingua galega (1980-2000). A Biblioteca Filolóxica Galega xorde a finais dos anos noventa ao abeiro dun convenio entre o ILG e a Fundación Pedro Barrié de la Maza co obxecto de trasladar á sociedade obras relevantes de investigación filolóxica en calquera das distintas disciplinas e liñas de investigación que contribúan ao avance do coñecemento sobre a lingua galega pasada e presente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2010.