O investigador Carlos Rodríguez Osorio explica no CHUS a súa liña de traballo
O investigador Carlos Rodríguez Osorio, do Instituto de Acuicultura da USC, explicará no CHUS este venres, día 30, a súa liña de investigación sobre o papel dos elementos móbiles na virulencia bacteriana e no espallamento de xenes de resistencia a antibióticos.
A charla, enmarcada no ciclo de xenética médica que organiza o Grupo de Medicina Xenómica da USC, terá lugar na Aula 2 do hospital ás 13:00 horas.