Ir o contido principal
STG

O investigador da USC Javier Gómez Vázquez analizará en Humanidades as correntes da literatura rusa no século XX

O investigador Javier Gómez Vázquez analizará este martes, día 20, as correntes da literatura rusa do século XX, no transcurso dunha conferencia incluída na programación de actividades da Aula Literaria. O acto celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Humanidades ás 18:00 horas e a entrada é gratis.
O programa de actividades que a Aula Literaria está a desenvolver neste curso inclúe, ademáis de charlas e conferencias, varios obradoiros de cine e literatura, recitais ou talleres de creación. A vindeira cita será o 11 de abril coa intervención sobre literatura celta da profesora de francés do instituto Xograr Afonso de Sarria, María Lopo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.03.2007.