Ir o contido principal
STG

Investigadores da USC compilan nun volume divulgativo a historia, propiedades e aplicacións dos elementos químicos

De esquerda a dereita, Noya, Maneiro, Ageitos, González e Bermejo, na Facultade de Ciencias de Lugo
De esquerda a dereita, Noya, Maneiro, Ageitos, González e Bermejo, na Facultade de Ciencias de Lugo
A nova guía divulgativa dos elementos químicos da táboa periódica ofrece cumprida información de todos elementos, desde os máis antigos ata os incorporados en 2016

O libro ‘Guía dos elementos químicos. Historia propiedades e aplicacións’, unha obra colectiva de carácter divulgativo na que participaron como autores os profesores do Departamento de Química Inorgánica da USC e integrantes do grupo de investigación Suprabioin Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro, compila ampla información sobre a historia e as aplicacións dos elementos incluídos na táboa periódica.

Unha das novidades desta obra, editada en galego e financiada pola Xunta de Galicia a través do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, afecta ao feito de que inclúe todos os elementos da táboa periódica, desde os máis antigos, tales como o ouro, cuxo descubrimento se remonta a máis de 8.000 anos, ata as incorporacións máis recentes, como o son o Nihonio, Moscovio, Téneso ou Oganesón, elementos que foron incorporados en 2016, segundo indicou o profesor Marcelino Maneiro.

Outra das particularidades desta obra está na amplitude da información compilada respecto das propiedades e aplicacións dos elementos que conforman a táboa periódica, unha ferramenta de máxima relevo para os químicos, salientou Marcelino Maneiro, para logo engadir que este guía divulgativa dos elementos químicos achega datos respecto das utilidades e aplicacións máis tradicionais de cada un dos elementos da táboa periódica, ao tempo que aporta tamén datos respecto dos novos usos e potenciais aplicacións destes mesmos elementos a través do emprego de novas técnicas e tecnoloxías.

O decano da Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, José Manuel Martínez Ageitos, presidiu o acto de presentación do libro O acto de presentación do libro ‘Guía dos elementos químicos. Historia propiedades e aplicacións’, no marco dunha concorrida sesión na que, ademais dos autores da obra, tamén participou Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

decano da Facultade de Ciencias do campus de Lugo, José Manuel Martínez Ageitos, presentará este martes, a partir das 12.00 horas, no salón de graos do centro o libro ‘Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións’, no marco dunha sesión na que, ademais dos autores deste volume, tamén intervirá Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

Os autores desta obra aproveitaron a presentación do libro ‘Guía dos elementos químicos. Historia propiedades e aplicacións’ para salientar a inxente cantidade de información que achega a táboa periódica de elementos químicos, un manual básico e de referencia no ámbito da química que no 2019 celebrará o seu 150 aniversario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2018.