O IPsiUS no I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde
Elisardo Becoña, María del Carmen Míguez Varela e Arturo Pereiro investigadores do IPsiUS participaron no I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA), celebrado o pasado xoves 15 de xaneiro na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC.
No marco deste encontro presentouse oficialmente a rede RIPS-GA, un recurso estratéxico para Galicia que aposta pola prevención, pola mellora do benestar da cidadanía e pola protección do sistema sanitario público fronte aos retos do envellecemento, da cronicidade e do cambio demográfico.
Na xornada, Elisardo Becoña e María del Carmen Míguez Varela presentaron a liña de investigación en tabaco e cigarros electrónicos, e Arturo Pereiro a liña de investigación en actividade física, sedentarismo e envellecemento activo.
A participación do IPsiUS nesta rede reforza o seu compromiso coa investigación en promoción da saúde e coa mellora da calidade de vida da sociedade galega.