Ir o contido principal
STG

Novo laboratorio de idiomas, para o Centro de Linguas Modernas da Universidad

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC contará para o curso que agora comeza cun novo laboratorio de idiomas, que ofrece máis e mellores prestacións para a aprendizaxe dos idiomas. A partir do mes de outubro contara tamén coa renovación de parte das súas instalacións e de equipamento, tanto en salas como despachos, na Facultade de Filoloxía.

Polo que atinxe a súa oferta docente, o CLM está a traballar nestes momentos en tres planos pilotos, un para a igualación da oferta formativa nos campus universitarios de Santiago e Lugo, mediante o emprego de sistemas de video-conferencias; outro sobre o desenvolvemento da ensinanza on-line, para poder abranguer á potencial demanda cara a acreditación do nivel B1 de coñecemento de linguas, e un terceiro sobre o deseño dun curso semi-presencial de ‘Español como lingua estranxeira’ , dada a demanda de formación deste lingua, no que se desenvolverá un sistema e-learning.

Entre os fitos de consolidación da oferta docente cara este curso, por primeira vez, o CLM vai a ofertar para os dous campus cursos de lingua galega, xa que ate o momento eran cursos promovidos por convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademáis dentro duns días rematarán os trámites para que no CLM se poidan impartir clases de chinés.

A Universidade asinará novos convenios con outras institucións, como a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), para a ensinanza do ruso, e a CRTVG, para a ensinanza do inglés. Estes convenios, segundo o Consello de Dirección da USC, poden promoverse “grazas á valía dos profesionais que traballan no Centro de Linguas Modernas".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2010.