Ir o contido principal
STG

O libro Ciencia política con perspectiva de género, galardoado co Premio Ángeles Durán de Innovación Científica en Estudos das Mulleres e do Xénero

Coordinan este volume a profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Marta Lois González e a investigadora Alba Alonso Álvarez

O libro Ciencia política con perspectiva de género que coordina a profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais por Marta Lois González e a investigadora Alba Alonso Álvarez acaba de recibir o Premio Ángeles Durán de Innovación Científica en Estudos das Mulleres e do Xénero, que convoca o Instituto Universitario de Estudos da Muller da Universidade Autónoma de Madrid. O obxectivo desta convocatoria é fomentar o avance do coñecemento feminista, incentivar a creatividade teórica e metodolóxica e impulsar a calidade da investigación para garantir o cambio social. O traballo de Marta Lois González e Alba Alonso Álvarez Trátase integra nunha obra colectiva pioneira a perspectiva de xénero no centro dos principais debates e discusións da ciencia política. Ao longo deste libro abórdase o papel das mulleres en temas claves como as institucións políticas, os métodos de investigación social, o sistema político, o comportamento político, os partidos, os movementos sociais, as políticas públicas e a súa avaliación, as relacións internacionais, a comunicación política e a teoría política. No volume premiado teñen cabida as reflexións de investigadoras das Universidade de Santiago, Oviedo, Politécnica de Valencia, Pompeu Fabra, Autónoma de Madrid e Complutense de Madrid.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2014.