Ir o contido principal
STG

A Liga de Debate da USC remata cuestionando o financiamento dos medios de comunicación con fondos públicos

A Facultade de Matemáticas será testemuña este sábado da capacidade dialéctica e argumentativa do alumnado da Universidade de Santiago. A partir das 10.00 horas no salón de graos, oito equipos da USC participarán no desenlace da Liga Interna de Debate da institución que se vén desenvolvendo dende o inicio de curso. Pese a que a USC conta con once equipos de debate só oito chegaron a cuartos, e serán eses precisamente os que este sábado deliberarán acerca do financiamento dos medios de comunicación con fondos públicos. A final do torneo, que como ata agora se prevé disputada dada a calidade dos equipos participantes, terá lugar sobre as 13.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2012.