Ir o contido principal
STG

O Manual de seguridade no laboratorio presentarase na ETSE

A Universidade de Santiago, xunto coas da Coruña e Vigo, colaboran co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) na presentación do Manual de seguridade no laboratorio. Esta publicación presentarase publicamente este venres 17 a partir das 10.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) en Campus Vida. O director da ETSE, Antonio Mosquera González, e os representantes dos servizos de Prevencións universitarios María Dolores Arias Vázquez (A Coruña), María José Montero Vilariño (Vigo) e Juan Mariñas Liste (USC) abrirán a quenda de intervencións deste acto de presentación. Seguiralle a técnico superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA, Lucía Ferrón Vidán, que dará conta dos aspectos máis importantes a ter en conta para previr riscos nun laboratorio. Pechará a sesión a directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2014.