Ir o contido principal
STG

Manuel Caeiro, no ciclo de charlas con directivos de empresas do Polígono Industrial do Tambre

Manuel Caeiro Varela, de M. Caeiro S.A, impartirá este martes, día 8, a sexta conferencia do ciclo de charlas-coloquio con empresarios do Polígono Industrial do Tambre que organiza a Aula de Práctica Empresarial da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A intervención desenvolverase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos deste centro compostelán.
Con este ciclo preténdese que os directivos participantes, todos eles empresarios do Polígono do Tambre, acheguen aos asistentes a súa experiencia empresarial, dende os seus inicios ata a consolidación no mercado ao tempo que analizar a situación actual do sector no que desenvolven a súa actividade. As intervencións compleméntanse cun coloquio cos universitarios participantes no ciclo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2007.