Ir o contido principal
STG

Manuel Sáez e José Iglesias falan este mércores da renda básica das iguais en Galicia na Facultade de Formación do Profesorado

O relatorio dos coordinadores do estudo ‘Repartindo a nosa riqueza’ enmárcase nos actos programados ao abeiro da Primeira semana galega pola renda básica das iguais

Os coordinadores do estudo ‘Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza’, Manuel Sáez e José Iglesias, ofrecerán este mércores, 30 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, una charla sobre o reparto da riqueza.

A conferencia, organizada pola ONG luguesa de comercio xusto e consumo responsable A cova da terra, xunto co colectivo Na encrucillada, do campus de Lugo, e a coordinadora estatal de loitas contra a precariedade, a exclusión e o empobrecemento, enmárcase no programa de actos organizados ao abeiro da Primeira semana galega pola renda básica das iguais, que conclúe o xoves. A pretensión desta iniciativa de loita polos dereitos sociais non é outra que a de achegar ao maior número de persoas e colectivos os fundamentos (e a viabilidade económica e social) nos que se asenta a proposta da renda das iguais. A relación entre a renda básica e as propostas actuais do feminismo será outra das cuestións abordadas neste foro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.01.2013.