Ir o contido principal
STG

María Loureiro, nomeada editora da revista ‘Ecological Economics’

A axenda investigadora da profesora Loureiro recolle a súa inquedanza polo impacto do cambio climático e o deseño de políticas axeitadas de mitigación e adaptación
A axenda investigadora da profesora Loureiro recolle a súa inquedanza polo impacto do cambio climático e o deseño de políticas axeitadas de mitigación e adaptación
A catedrática da USC pertence ao Departamento de Fundamentos da Análise Económica

A catedrática da USC María Loureiro é dende o pasado 1 de xuño editora da revista Ecological Economics, publicación que aborda a interacción entre os ecosistemas e a economía. Loureiro é profesora do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da USC e ten publicado numerosos artigos sobre os recursos agrarios, abordando temas como o sector gandeiro, as enerxías renovables, o agroturismo ou as consecuencias económicas das perdas ambientais causadas polo Prestige. A problemática dos recursos en Galicia causados por catástrofes mariñas e por incendios centra o seu traballo.

A axenda investigadora da profesora Loureiro recolle a súa inquedanza polo impacto do cambio climático e o deseño de políticas axeitadas de mitigación e adaptación. En 2020, o seu artigo titulado ‘Exploring energy use in retail stores: a field experiment’ asinado xunto a Xavier Labandeira da UVigo, foi escollido pola Asociación Hispano-Portuguesa de Economía dos Recursos Naturais e Ambientais (AERNA) como o mellor artigo científico publicado nos anos 2018 e 2019.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2021.