O Máster Universitario en Dirección de Empresas despide a súa quinta promoción
A promoción 2013-2014 do Máster Universitario en Dirección de Empresas organiza este venres 13 o seu acto de graduación nunha sesión protocolaria no Salón Nobre do Colexio de Fonseca que comezará ás 18.00 horas presidida pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez. Logo da intervención de Iris Fernández Duarte e José Manuel Redondo Barreiro en representación do alumnado, falarán o coordinador do Máster, Emilio Ruzo Sanmartín, a vicedecana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Loreto Fernández, e o padriño da promoción, o presidente de COGAMI Anxo Queiruga Vila. O programa da sesión completarase co entrega de diplomas ao alumnado desta quinta promoción e a entrega de agasallos aos padriños.