Ir o contido principal
STG

O matemático José María Barja explica o xoves nunha conferencia como se articulan os calendarios actuais

O profesor e ex reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, pronunciará o xoves 15 unha conferencia na USC na que explicará a base matemática dos calendarios de uso actuais. A charla, a desenvolver ás 17.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, forma parte das actividades do Ano Antonio Casares Rodríguez (1812-2012)). O profesor Barja dará conta, por exemplo, de como as cidades autónomas como Ceuta e Melilla fixan un festivo doutro calendario, como o concepto de semana é un instrumento case universal que regula moitos aspectos de organización ou como funciona a secuencia numérica que fixa os Anos Santos Composteláns.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2012.