Ir o contido principal
STG

O maxisterio republicano, a debate nunha mesa redonda con destacados expertos na USC

Intervirán a xornalista María Antonia Iglesias e os profesores Lois Ferradás, Xosé Manuel Beiras, Herminio Barreiro, Anxo Porto e Antón Costa

Baixo o título ‘O maxisterio republicano’, a Universidade de Santiago de Compostela celebra este mércores, día 25, unha mesa redonda e posterior debate na que participarán destacados expertos da Universidade de Santiago así como a xornalista María Antonia Iglesias, autora do libro Maestros de la República. Los otros santos, los otros mártires.
Na mesa redonda, que se desenvolverá ás 12:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) e á que asistirá a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández; o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás; o catedrático emérito de Economía Xosé Manuel Beiras Torrado; o profesor emérito de Historia da Educación Herminio Barreiro; e os profesores de Ciencias da Educación Anxo S. Porto e Antón Costa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2007.