Ir o contido principal
STG

O mellor tamaño para mercar ameixas ou como caen as chinchetas, o enxeño estatístico de estudantes de secundaria

O mellor tamaño para mercar ameixas ou como caen as chinchetas, o enxeño estatístico de estudantes de secundaria
O mellor tamaño para mercar ameixas ou como caen as chinchetas, o enxeño estatístico de estudantes de secundaria
Os IES Otero Pedrayo de Ourense e os de Mugardos e Fernando Wirtz Suárez da Coruña, gañadores do concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

O Instituto de Educación Secundaria ourensán Otero Pedrayo e os coruñeses de Mugardos e Fernando Wirtz Suárez son os gañadores do concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Educación e o Instituto Galego de Estatística. A entrega de premios tivo lugar este xoves en Matemáticas. Entre os traballos presentados a esta segunda convocatoria o xurado recoñeceu na categoría de 1º e 2º da ESO o proxecto do IES Otero Pedrayo ‘Pensamos no futuro, e ti?’, das alumnas Xiana Fole Garza, Irene Lorenzo Rodríguez e Marinha Paradelo Veiga, titorizadas por Conchi González Otero. ‘Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?’ é o título do traballo gañador entre os cursos 3º e 4º da ESO, que asinan os e as estudantes do IES de Mugardos Blanca Fernández Rodríguez, Verónica González Regueiro, Pablo Pérez Rey e Sergio Vila Plana coa titoría de Covadonga Rodríguez-Moldes Rey. Dos traballos de bacharelato e ciclos formativos de grao medio, o xurado decidiu premiar o do IES Fernando Wirtz Suárez titulado ‘Existe o cine de autor?’ de Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao, con Enrique Pujales Martínez como titor. Tanto este como o premiado na categoría de 3º e 4º da ESO foron ademais elixidos para participar na fase nacional do certame. Mencións especiais O xurado quixo ademais recoñecer con mencións especiais outros traballos. Entre os de 1º e 2º da ESO, ‘Cómo cae unha chincheta?’ do IES Monelos da Coruña dos alumnos e alumnas Carolina Fernández Fuentes, Sara McNamee Freire, Roberto Rilo Antelo e Javier Varela González, con Gonzalo Temperán como titor, e ‘A decadencia dun mito estético: “o rectángulo da moda fala galego”’ do IES de Mugardos a cargo de Rubén González Rodríguez, Joao Pedro Moreira Dos Santos, Mercedes Pereira Rodríguez e Sara Vázquez Rumbo con Covadonga Rodríguez-Moldes Rey como titora. Entre os de 3º e 4º da ESO entregarase unha mención ao traballo do IES Fernando Wirtz Suárez titulado ‘Afecta a lúa ao crecemento das plantas?’ e asinado por Susana Paz, Alejandro Juárez, Diego Gutiérrez e Alfonso Enriquez, titorizados por Enrique Pujales Martínez. O xurado

O xurado desta segunda edición do concurso presidiuno José Fisteos Suengas, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sendo secretaria Balbina Casas Méndez, da SGAPEIO. Como vogais actuaron Rosa Mª Crujeiras Casais, da USC; Mª Carmen Quireza Ramos, do IES A Xunqueira I de Pontevedra; e Esther López Vizcaíno, do Instituto Galego de Estatística.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2012.