Ir o contido principal
STG

Mestrelab e AMSlab premian o talento químico da USC

Mestrelab e AMSlab premian o talento químico da USC
Mestrelab e AMSlab premian o talento químico da USC

A Universidade de Santiago e as empresas Mestrelab e AMSlab recoñeceron este xoves o esforzo de seis estudantes da Facultade de Química na primeira edición dos premios ‘Chemists for our future’ (Químicos para o noso futuro’) que valoran o talento dos mellores expedientes académicos do centro.

O certame presenta dúas categorías de premios, de inicio e de remate de estudos. Na primeira resultou gañador o alumno do dobre grao en Química e Bioloxía David Montoto Pintos, e conseguiron accésits as alumnas do grao en Química Amaia Agulleiro Beraza e Andrea Bañobre Pena.

A gañadora do premio para alumnado que rematou estudos do Grao en Química foi Alicia Rioboo Vidal, sendo os dous accésits para os alumnos da mesma carreira Juan José Tarrío Cordeiro e Noa Varela Domínguez. A contía económica, achegada polas dúas empresas convocantes, é de 2.000 euros para os gañadores e de 1.000 para os accésits.

A entrega de premios, que clausurou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, celebrouse nun acto no que interviñeron a decana da Facultade, Pilar Bermejo; o presidente de Mestrelab, Carlos Cobas; e o CEO de AMSlab, Manuel Lolo. Ademais Alfonso Espada, de Eli Lilly and Company, pronunciou a conferencia ‘Mass Spectrometry-based Methods to Interrogate Protein-Ligand Interactions’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2017.